No ano 2003 comezamos a celebrar a Festa Mundo Vermello, conmemorando o nacemento da revista. Esta reunión non só ofrece un espacio de encontro entre os lectores e seguidores do proxecto, senón que ano a ano foise convirtindo nun festival de referencia na zona do Salnés.
Atendemos as necesidades dun público ansioso de novas experiencias. As bandas nacionais emerxentes atopan en Mundo Vermello o escalón intermedio entre a pequena sala e os grandes festivais de masas.
Temos contado coa participación de....
-Triángulo de Amor Bizarro, grupo galego de éxito e repercusión internacional,
- Noise Project, finalistas Proyecto Demo 09 e álbum no mercado;
- Som do Galpom, gañadores do concurso “vai de camiño 2009” e con primer álbum no mercado;
- Kogito, banda con gran repercusión en Galicia, Euskadi e Portugal;
- 38 Beats, banda afincada en Madrid composta polos músicos Pablo Pérez (Right Ons, Vado Permanete, Watchout…) Miki Meixus (Corneluis, Orquesta Parnaso…) Tom Risco (Sugar Montain, Mechanismo…);
- Heissel, co seu disco debut Estrella de mar foron a banda galega con máis directos;
http://www.myspace.com/hiesselweb
- Moon Jackets, Lactantes, Yoplay…
A Festa Mundo Vermello tamén contou coa participación de humoristas como Yoni Medio Gramo, Cándido Pazó ou o cantautor madrileño recentemente falecido Quintín Cabrera.
Actualizarémolo blog a medida que a data da festa esté mais próxima.
Tamén podedes visitala páxina da Festa Mundo Vermello en Facebook.
Onde celébrase?
Ver Praza da Peixería en un mapa más grande