Festa Mundo Vermello

No ano 2003 comezamos a celebrar a Festa Mundo Vermello, conmemorando o nacemento da revista.  Esta reunión non só ofrece un espacio de encontro entre os lectores e seguidores do proxecto, senón que ano a ano foise convirtindo nun festival de referencia na zona do Salnés.

Atendemos as necesidades dun público ansioso de novas experiencias. As bandas nacionais emerxentes atopan en Mundo Vermello o escalón intermedio entre a pequena sala e os grandes festivais de masas.

Temos contado coa participación de....

-Triángulo de Amor Bizarro, grupo galego de éxito e repercusión internacional,

- Noise Project, finalistas Proyecto Demo 09 e álbum no mercado;

- Som do Galpom, gañadores do concurso “vai de camiño 2009” e con primer álbum no mercado;

- Kogito, banda con gran repercusión en Galicia, Euskadi e Portugal;

- 38 Beats, banda afincada en Madrid composta polos músicos Pablo Pérez (Right Ons, Vado Permanete, Watchout…) Miki Meixus (Corneluis, Orquesta Parnaso…) Tom Risco (Sugar Montain, Mechanismo…);

- Heissel, co seu disco debut Estrella de mar foron a banda galega con máis directos;

- Moon Jackets, Lactantes, Yoplay

 
A Festa Mundo Vermello tamén contou coa participación de humoristas como Yoni Medio Gramo, Cándido Pazó ou o cantautor madrileño recentemente falecido Quintín Cabrera.


Actualizarémolo blog a medida que a data da festa esté mais próxima.

Tamén podedes visitala páxina da Festa Mundo Vermello en Facebook.

Onde celébrase?


Ver Praza da Peixería en un mapa más grande