Que é Mundo Vermello

Mundo Vermello é unha revista que pretende transmitir unha visión diferente da realidade.

Nun mundo terriblemente mediatizado, moita xente busca alternativas informativas para poder compensar a presión dos grandes medios de comunicación. Fuximos do sensacionalismo, da política maniquea e tentamos chamar a atención sobre temas relacionados coa muller, a natureza, a defensa dos dereitos humáns, os dereitos laborais ou a inmigración.

Durante tres anos, Mundo Vermello foi unha revista en papel bimensual e distribución xeográfica nacional. Máis tarde a revista transformouse nesta publicación dixital.