lunes, 28 de abril de 2014

sábado, 26 de abril de 2014

Non poden sancionarnos porque temos a razón


 Tras as últimas accións emprendidas polo PP en Vilagarcía sobre Festa Mundo Vermello XI, manifestamos:

  • Que a nosa festa está aberta a todos os cidadáns e é unha actividade sen ánimo de lucro. Todo o mundo pode gozar dela de xeito gratuíto.
  • Que o noso propósito, ademáis do debate político, é xerar un escenario onde bandas emerxentes galegas de pequeno e mediano tamaño poidan tocar en condicións, e crear así un circuito para grupos locáis onde poidan mostrar o seu talento e darse a coñecer.
  • Que tódolos anos sufrimos a falta de apoio e incluso obstaculización e este ano particularmente unha desidia total por parte do goberno local á hora de axudar a esta iniciativa que leva 11 anos dinamizando a Semana Santa na nosa cidade. A colaboración foi mínima, ridícula, reducíndose a "50 carteis DIN A3" e a cesión do espazo que é público. Tivemos que alugar baños químicos porque o espazo non está acondicionado neste senso, facernos cun contenedor que solicitamos cada ano e non se nos da, e tivemos que limpar a praza previamente, xa que non estaba en condicións.
  • Que tal e como indican os nosos compañeiros de Esquerda Unida, a ordenanza sobre o uso de espazos municipais NON obriga á limpeza. A medida da fianza que ven de anunciar o alcalde demostra que non poden sancionarnos legalmente, porque non teñen razóns. É unha medida máis de represión contra a nosa actividade.
  • Que todos os eventos abertos en espazos públicos que teñen lugar na nosa localidade veñen acompañados dunha limpeza por parte das empresas concesionarias. É un abuso obrigar a calquera organización que non busca fins comerciais a limpar o chan dos espazos, e de feito, nunca tiveron a obriga. Só Mundo Vermello.


Entendemos, polo tanto, que a festa deste ano, que atraeu a atención de moitos dos músicos máis importantes do panorama independente e que reuniu preto de 1.000 persoas en toda a noite de numerosos puntos de Galicia, empeza a ser un problema político para o equipo de goberno. O nivel das bandas foi excelente e conseguimos facer un festival á altura de moitos circuitos musicais estatais. Como xa estamos acostumbrados a ver nas novas a cotío, todo o que sexa unha ameaza para o PP, criminalízase. Non é de recibo que curiosamente só Mundo Vermello, reciba unha penalización pola súa actividade.
 

Manifestamos que somos o contrario a "incívicos". Buscamos unha sociedade xusta e igualitaria, no que a riqueza estea repartida equitativamente. O último que queremos é que outras organizacións teñan algún tipo de problema á hora de expoñer a súa actividade.

Non nos frearán. Non nos intimidarán. Longa vida a Mundo Vermello!


martes, 15 de abril de 2014

Trajano! se o perdes arrepentiraste…

O escenario vermello ten este ano a privelexio de contar cunha das bandas con máis proxección do estado español, Trajano! veñen con novo disco debaixo do brazo editado co selo Marxophone.



Non deixedes pasar a oportunidade de ver ós Trajano!. Joy Division, German Copini e moita, moita, moita personalidade e orixinalidade. A banda con centro de operacións en Madrid despois do seu “Terror En El Planetario” (2012) veñen ca súa “Antropologia”, que se porá a venda o vindeiro 29 de abril pero que xa podes desfrutar: marxophone.es


¿Xa víchedes Sangre de androides? Iker Jiménez vira o sábado, ¿e ti?






lunes, 14 de abril de 2014

martes, 8 de abril de 2014

Carrero Bianco, voos electrónicos.

Os ferroláns Carrero Bianco, todo un referente da escena indie Galega, estarán de volta por Vilagarcía, esta vez no Mundo Vermello, para presentarnos o seu terceiro traballo "Horror! Horror!" (2013).


Despois da súa  “Oferta de Lanzamiento” (2010) ca que estiveron no Festival do Norte (daquela cando era vilagarcián), e "Blister" ( 2012), traballos que os converteron nunha das bandas de referencia con repercusión mais aló das fronteiras galegas, chegan a Festa XI Aniversario a  presentarnos o súa selección de horrores. #alemania, #disco, #newgave, #movida… Estades listos para bailar??

miércoles, 2 de abril de 2014

Alex Casanova: pop electrónico made in Arousa



Pop electrónico, cheo de color e ritmos suxerentes é a proposta que fai Alex Casanova dende Vilagarcía para Mundo Vermello XI. Membro da desaparecida banda Friendows, que tamén pasou polo noso escenario, e colaborador do proxecto infantil "Os bolechas", este galego que está a piques de presentar o seu segundo traballo, que segue ó seu EP Demos (Autoeditado 2012). Neste tempo tamén remesturou, entre outros, ós galegos Pastillas Mamut e a Carrero Bianco, como podemos ver no seu SoundcloudAínda que oficialmente o coñecimos en 2012, xa en 2010 foi o gañador do Concurso de remesturas organizado por Neonized e Neonflash co seu remix do tema Free Translation


Listos para bailar?

Podes escoitalo en:

martes, 1 de abril de 2014

Horarios Festa XI Aniversario Mundo Vermello

Aquí tedes os horarios do evento. Coma sempre, respetarémolos o máximo posible.

| 22:00 | APERTURA DE PORTAS
| 23:00 | SOFÁ AMBULANTE
| 00:00 | ÁLEX CASANOVA
| 01:00 | CARRERO BIANCO
| 02:00 | TRAJANO!
| 03:15 | DJ NOISEABUNDO VS DJ MUSCULAR