Tras as últimas accións emprendidas polo PP en Vilagarcía sobre Festa Mundo Vermello XI, manifestamos:
-
Que a nosa festa está aberta a todos os cidadáns e é unha actividade sen ánimo de lucro. Todo o mundo pode gozar dela de xeito gratuíto.
-
Que o noso propósito, ademáis do debate político, é xerar un escenario onde bandas emerxentes galegas de pequeno e mediano tamaño poidan tocar en condicións, e crear así un circuito para grupos locáis onde poidan mostrar o seu talento e darse a coñecer.
- Que tódolos anos sufrimos a falta de apoio e incluso obstaculización e este ano particularmente unha desidia total por parte do goberno local á hora de axudar a esta iniciativa que leva 11 anos dinamizando a Semana Santa na nosa cidade. A colaboración foi mínima, ridícula, reducíndose a "50 carteis DIN A3" e a cesión do espazo que é público. Tivemos que alugar baños químicos porque o espazo non está acondicionado neste senso, facernos cun contenedor que solicitamos cada ano e non se nos da, e tivemos que limpar a praza previamente, xa que non estaba en condicións.
- Que tal e como indican os nosos compañeiros de Esquerda Unida, a ordenanza sobre o uso de espazos municipais NON obriga á limpeza. A medida da fianza que ven de anunciar o alcalde demostra que non poden sancionarnos legalmente, porque non teñen razóns. É unha medida máis de represión contra a nosa actividade.
- Que todos os eventos abertos en espazos públicos que teñen lugar na nosa localidade veñen acompañados dunha limpeza por parte das empresas concesionarias. É un abuso obrigar a calquera organización que non busca fins comerciais a limpar o chan dos espazos, e de feito, nunca tiveron a obriga. Só Mundo Vermello.
Manifestamos
que somos o contrario a "incívicos". Buscamos unha sociedade xusta e
igualitaria, no que a riqueza estea repartida equitativamente. O último
que queremos é que outras organizacións teñan algún tipo de problema á
hora de expoñer a súa actividade.
Non nos frearán. Non nos intimidarán. Longa vida a Mundo Vermello!
No hay comentarios:
Publicar un comentario