Mostrando entradas con la etiqueta anacos vermellos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta anacos vermellos. Mostrar todas las entradas

jueves, 14 de marzo de 2013

Gaña un disco de Anacos Vermellos. Volumen 1

Gaña unha das exclusivas 100 copias físicas de Anacos Vermellos contestando a esta sinxela pregunta:

cal é a túa razón para vir este ano a festa?

Podes facelo escribindo no noso muro de Facebook Festa Mundo Vermello ou no twitter co hashtag #XanosMundoVermello. Escolleremos o comentario que nos pareza máis inxenioso ou simpremente o que máis nos guste de entre tódolos que recibamos.
Dálle ghas! Tes ata o sábado 16, se gañas terás unha copia exclusiva que poderás recoller o día da festa.


domingo, 24 de febrero de 2013

Anacos Vermellos

10 anos cambiando a cor do mundo.


Pois si, aínda que parecera imposible aquí estamos. Dez anos despois a tolería do mundo vermello segue viva, e como mostra este recopilatorio, no que se xuntan algúns dos mellores temas dos últimos 10 anos cedidos polas bandas que tiveron a xentileza de facer posible todo isto. Xente con ganas de participar nesta manifestación cultural sen ambicións económicas, con moito gusto, ganas, creatividade e ilusión por demostrar que a cultura é moito máis do que algúns se empeñan en patrocinar.


Visita o apartado ANACOS VERMELLOS para descargar ou escoitar o disco.