lunes, 5 de enero de 2009

Concentración en solidaridade co pobo palestino

CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIDADE CO POBO PALESTINO

7 DE XANEIRO ÁS 19:00 NA PRAZA DE GALICIA

(VILAGARCÍA DE AROUSA)

O pasado Sábado 27 de Decembro o exército israelí comezou unha nova campaña de exterminio contra o pobo palestino. Dende entón Gaza sofre un bombardeo xenocida que supera xa os 420 mortos e millares de feridos, a maior escalada bélica na zona dende 1967. Israel descarta deter a súa ofensiva e anunciou unha longa campaña militar.                                              

Os militantes da Xuventude Comunista de Vilagarcía queremos mostrar publicamente a nosa repulsa ás accións militares emprendidas polo estado de Israel e esiximos o inmediato cese desta agresión, xa que a consideramos un acto de terrorismo de estado. 

Se compartes a nosa posición neste conflito, esperamos que asistas a este acto. É moi importante a túa presencia. ¡Contamos contigo! 


1 comentario: