11 - abril - 2009
Praza da Peixeria, Vilagarcía de Arousa
Yoplay é un dos grupos que actuarán na Festa VI Aniversario de Mundo Vermello xunto con Kogito e The 38Beats. Así é como se definen eles:
Yoplay é un grupo musical galego, cun estilo enmarcado entre o indie rock, o postpunk e o art rock. Os seus membros son da comarca do Sar, e foi fundado en 2008.
Entre as súas influencias están grupos como Franz Ferdinand, The Strokes, Joy Division, The Doors, Led Zeppelin, Jimi Hendrix, The Yardbirds, MGMT, White Stripes, Raconteurs, Babyshambles, The Libertines, Stereolab, Jesus and the Mary Chain, Triángulo de Amor Bizarro ou Catpeople.
Yoplay naceu en 2008 como novo proxecto de Carlos Beiró (guitarra), Ángel Pardal (batería), Nico (baixo) e Xacobe Gómez (guitarra), entrando Lois Brea, aconsellado por Carlos Beiró ,que xa compartiran algunhas experiencias musicais xuntos; como cantante. Pouco despois Angelito entrou como 2º baixista, para dar un toque máis dinámico e innovador ao grupo.
O son de Yoplay é moi característico debido o uso de efectos nos baixos, a singular voz do seu cantante, a contundencia do son achegado polas guitarras e a batería rápida e constante.
Nun primeiro momento Yoplay compuxo un par de temas, "Ex-no" e "Girl", cun son cercano ao rock tradicional con influencias indie, e completan o seu repertorio con versións dos Strokes, White stripes, Raconteurs e outros. Con este repertorio dan o seu primeiro concerto no II Festival do Sar, donde teñen unha aceptación considerable e un público moderado. A partir deste punto comeza a evolución do grupo que se afasta cada vez máis do indie máis tradicional experimentando co seu son en cada canción.
No veran de 2008 tocan na segunda edición do Festival Artenativa e comparten cartel con algúns dos grupos máis importantes do panorama independente galego: Niño y Pistola, Nadadora, Franc3s, The Blows, Mequetrefe, Fanny+Alexander. Deste concerto existe unha gravación de 15 min. do fin do concerto pola radio galega. No verán tamen tocan no festival Antros Pinos de Taragoña.
A finais do 2008 comezan a gravación do seu primeiro EP en Estudios Krakatoa, que verá a luz no ano 2009 co nome de /Killmymother/, que consta de seis temas: "Wiass", "I find it hard", "I miss your voice", "FemDom", "Girl" e "Camera". A maqueta atópase dispoñible de balde na plataforma A Regueifa en formato mp3.
As letras de Yoplay falan de temas como o sexo, a exaltación do ego, os impedimentos, as relacións, e temas oscuros como a psicoloxía humana, a loucura ou o medo a perder o control.
http://www.myspace.com/yoplay
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario