martes, 25 de enero de 2011

I Concurso de Micro - Videoclips Minuto Vermello

Hai moito que reivindicar, e pouco tempo para facelo. Dende MV e EU de Vilagarcía propoñémosche facelo en menos de 60 segundos, non é nada, verdade?
E aínda por riba premiámosche se o fas ben.
O prezo da luz, a memoria histórica, a idade de xubilación, o paro, a sanidade pública, a decadente e corrupta clase política, a 'Brunete mediática', os vertedoiros televisivos, Túnez, Palestina... o que máis che guste ou afecte pero en menos dun minuto, o minuto vermello!!

Participar é ben sinxelo:

1- Graba un vídeo dun máximo de 60 segundos.
2- Cólgao nun dos seguintes portais: Youtube, Vimeo, Dailymotion ou Metacafe.
3- Envíanos o enlace do vídeo cos teus datos persoais antes do 15 de abril de 2011 a minutovermello@gmail.com


¿E que podo gañar?

O vídeo escollido polo xurado como o mellor gañará un e-reader de última xeración cargado de libros e a gloria eterna entre os teus colegas.

Toda a info sobre o concurso AQUI.



No hay comentarios:

Publicar un comentario