martes, 19 de abril de 2011

Noiseproject DJ vs Noiseabundo

O concepto dejota na Festa Mundo Vermello xa se converteu nun clásico dende a primeira vez con Zikuta_zk DJ, acompañado no último momento por Ricky Ripoll, pero o vindeiro sábado 23 tomará especial dimensión bélica a cargo de NoiseProject DJ (Raul Noise Project) vs Noiseabundo DJ (A. Choren ex Noise Project).


Asistiremos a un combate en dous asaltos. O primeiro, duelo de ruído electrónico producido en directo, NoiseProject (maquina de ruído) vs Noiseabundo (guitarra, seguro que facendo aínda mais ruído), ¿quen gañará?.
Para o segundo asalto resérvanos o combate para facernos bailar ca soa axuda duns cantos cedes… eso si, coa selección do melloriño das súas discotecas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario