martes, 12 de marzo de 2013

Cazador: disparando pop



Ángel refojo, David Carbia, Alexandre Chorén e Oscar Cereijo. Estes son os nomes dos 4 cazadores que teremos o pracer de ver por primeira vez en directo na festa Mundo Vermello X. Con referencias como Black Rebel Motorcycle Club, Jesus and Mary Chain, The Horrors, Joy Division ou Band of Horses, este grupo con epicentro en Valga preséntase como un proxecto indie sólido con moitos matices interesantes.

Todos os compoñentes son vellos coñecidos da música galega e a maioría xa pisou en anteriores edicións o escenario máis vermello: Noise Project, Yoplay e The Moan. Todo comenzou a principios do ano 2012, no garaxe da casa de Ángel. A finais do 2012, sendo xa so 4 membros, empezan a preparar material dende cero para tocar en directo e grabar. A principios deste ano, xa con novo local de ensaio e con máis tempo, deciden poñerse en serio e nese momento nace Cazador. En primicia para vós, o 30 de marzo.

Non volos perdades!

 Máis info no súa páxina de Facebook.




No hay comentarios:

Publicar un comentario