viernes, 23 de marzo de 2012

FCW, loitadores do rap

A primeira banda que teremos este ano na Festa o 7 de abril ás 22:00 horas, son estes rapaces que con moito flow disparan crítica, reivindicación e mensaxes de loita. Fighters Crew son un grupo de rap formado recentemente en Caldas de Reis composto por 4 mc´s. Nos seus temas destacan, sobre todo, as ritmas directas e as bases clásicas, impregnadas do soul máis Motown. 



Contan este equipo de loitadores que escoitan moito rock, punk e indie, e rap claro. Os seus grupos de cabeceira son Los chikos del maiz, Charly efe, Arctic monkeys, Eskorbuto, La polla records, Dios ke te crew, Rafael Lechowski...
En resumen, unha bomba rítmica con moito transfondo. Lume!!



Máis info da banda:



No hay comentarios:

Publicar un comentario