martes, 27 de marzo de 2012

4 Waves: Surf-rockeando na Ría de Arousa

¿Pensábades que non era posible facer surf na praia Compostela de Vilagarcía? 4 Waves demóstranos que si, traendo a Mundo Vermello a combinación perfecta entre sol e días de temporal, entre praia e festa, entre surf e rock. Preparemos o neopreno e agarremos a táboa porque estes 4 músicos farannos bailar moito e sobre todo traeránnos os primeiros raios de sol do verán.

Os vilagarciáns xa teñen todo listo para participar na Festa 2012, o 7 de abril na Praza da Peixeiría de Vilagarcía. Compartirán cartel co tamén arousán Moonjackets e cos veciños Colectivo Oruga, Músculo! e Fighters Crew. Unha gran festa da mellor música galega nun ambente de protesta e reivindicación.

¿Comezamos xa a surfear?





Máis info sobre a banda:

No hay comentarios:

Publicar un comentario