lunes, 2 de abril de 2012

Colectivo Oruga: indietrónicos sobre todo en decembro


Colectivo Oruga - Tired por Matapadre

Alí polo ano 2007 naceu Colectivo Oruga en Vigo. Xa comezaron con bo pé, presentando o seu debut no programa de Tomás Fernando Flores en Radio3, “Siglo 21”. A prensa musical tamén premiou o seu traballo con boas críticas e fixo un pouquiño máis doado o despegue desta banda, que no pasado 2011 participou no Sonar, no Primavera Sound e no Vigo Transforma. Case nada!

Comparados con grupos como Delorean, MGMT ou The Rapture, os galegos son xa un grupo recoñecido na escea independente estatal e contan con un disco editado por Matapadre titulado TOO MANY KNOBS, considerado pola revista Mondo Sonoro como o mellor disco galego do 2010.

Eles definen a súa música así: É como se fixeran un grupo David Byrne de Talking Heads e Wayne Coyne dos Flaming Lips con The Rapture e Simian Mobile Disco.


Poderedes disfrutar dos seus ritmos indietrónicos na Festa Mundo Vermello IX, o 7 de abril na Praza da Peixeiría de Vilagarcía, de balde! Mentres tanto, aquí tedes un adianto:


Máis info sobre Colectivo Oruga:



No hay comentarios:

Publicar un comentario