viernes, 30 de marzo de 2012

Músculo!, noise rock-electrónico e ira a partes iguais





Sí, señores! A banda de Valga ven pisando forte xa dende os seus comezos. Hai pouco máis dun mes que presentaron a súa primeira maqueta de 3 temas e xa conseguiron ser semifinalistas do Proyecto Demo de Radio 3 e o FIB e quintos na votación popular para pasar a seguinte fase do concurso. A crítica tamén os tratou moi bien, describindo a súa música como “Bola de rock ruidoso con momentos francamente deliciosos” ( Javier Becerra de Retroalimentación, blog de la Voz de Galicia)


Temos o pracer de acoller nesta edición o debut da banda que presentará un proxecto moi innovador e potente: noise rock-electrónico e mensaxes contundentes. Nada máis e nada menos!

Eles se definen así:
“Algunha vez quixeches bailar mentres escoitabas o martelo neumático dun albañil? Pois se a iso lle engadimos guitarras, baixo, sintes e indignación terás Músculo! Somos o bicho grande dos Power Rangers”


Os seus compoñentes xa son habituais na escea galega, e ademáis todos participaron alomenos unha vez na Festa Mundo Vermello. Raúl Santiago, Javier Buela e Álvaro Blanco forman parte de Noise Project e levan años demostrando que non só nas grandes cidades se pode facer música independente. Ángel Marcos Pardal e Nico Nieto tamén eran membros da banda xa disolta Friendows.


Sen máis, deixámosvos con un dos seus temas, “Mercado”, que poderedes escoitar na Festa Mundo Vermello, o 7 de abril na praza da Peixeiría de Vilagarcía de Arousa.

http://musculo.bandcamp.com/track/mercado


Máis info sobre a banda:
http://musculo.bandcamp.com/
https://www.facebook.com/musculomusica

No hay comentarios:

Publicar un comentario